Humorista galego · Presentador · Cómico

LUCAS
REY

Humor galego de verdade. De Chantada ao escenario.

26K
Seguidores TikTok
865K
Likes totais
5.6K
Seguidores Instagram
O humor galego
ten nome propio

De Chantada para o mundo. Lucas Rey Lara e un cómico e presentador de eventos que leva o humor galego no sangue. Coas suas entrevistas na rúa, reviews e sketches, conquistou a miles de persoas que buscan rir con contido auténtico e sen filtros.

Presentador de eventos, cómico de escenario e creador de contido nas redes sociais. Se buscas alguén que faga que o teu evento sexa inesquecible, xa o atopaches.

"Intento entreter, humor galego de verdade. Que a xente ría, que a xente o pase ben."

Lucas Rey - Humorista Galego
Servizos
01
Presentación de eventos
Festas, galas, eventos corporativos, feiras... Poño a enerxía e o humor para que o teu evento sexa un éxito rotundo. Adaptado ao teu público e ao teu formato.
02
Creación de contido
Entrevistas na rúa, reviews, sketches e contido personalizado para marcas e negocios. Contido viral con esencia galega que conecta co público.
03
Humor en directo
Monólogos e actuacións de humor en directo. Ideal para festas de concello, festivais, salas e eventos privados. Risas garantidas.
Últimos vídeos
Vestido oficialmente por
COSTA DA MORTE DTHCST
Falamos?

Queres que presente o teu evento?

Xa sexa unha festa, un festival, un evento corporativo ou unha colaboración de contido, escríbeme e miramos como facelo posible.

Sígueme

Contratacións

Para contratacións profesionais de presentación de eventos, actuacións en directo e colaboracións con marcas, contactar a través da axencia.

Abenova Group
Management & Booking
Solicitar dispoñibilidade